PRESENTADORES

JOAQUÍN ENRÍQUEZ
De profesión Economista e docente na Universidade da Coruña. O acordeón acompañouno dende os 7 anos. Como acordeonista conseguiu numerosos galardóns en certames nacionais e Internacionais chegando a ser elixido no 2010 coma un dos representantes de España no 60 Trofeo Mundial do Acordeón. Así mesmo é autor de composicións coma “Canido” ou “Bolboretas de Nadal” estas últimas con letra do poeta Antón Cortizas. Así mesmo ten colaborado con coñecidos artistas como Andrés Penabad, Lucía Pérez ou Xabier Vizcaíno.

Ten presentado numerosas galas e festivais entre os que destacan a ferrolá «Noite das Pepitas», ademáis durante unha tempada coordinou e presentrou o programa «Sábados no Cruceiro» da Radio Filispim de Ferrol

 

 

ELISA ESPERANTE
Ferrolana de nacemento e corazón, ligada ó mundo da música dende pequena, cursou estudos de piano e canto no conservatorio de Ferrol, formou parte do Coro Universitario de Oviedo, cidade onde estudou o Grao en Historia e Ciencias da Música. Actualmente cursa nesa cidade o Mestrado de Profesorado ó tempo que segue estudando canto no conservatorio de Xixón.