O Talentiño celebrou a súa final cun éxito de 58 candidatos e candidatas, cunha selección nada fácil polo altísimo nivel dos aspirantes. Dos 58 nove clasificáronse para a final. O nome dos gañadores foi desvelado o pasado domingo pola noite, tras a actuación de todos os finalistas nunha gran gala no Centro Cultural Torrente Ballester e a deliberación do xurado, que estivo integrado pola bailarina e profesora Eva Faraldo, a cantante Lucía Pérez , e o seu irmán, o cantautor e compositor Javier Vizcaíno, mentres que Joaquín Enríquez exerceu de secretario e Roberto Taboada, cabeza visible da asociación Canido, exerceu de presidente.