Gañadores da primeira Edición de O Talentiño

Foto de familia de los finalistas, ganadores y miembros del jurado

 

O Talentiño celebrou a súa final cun éxito de 58 candidatos e candidatas, cunha selección nada fácil polo altísimo nivel dos aspirantes. Dos 58 nove clasificáronse para a final. O nome dos gañadores foi desvelado o pasado domingo pola noite, tras a actuación de todos os finalistas nunha gran gala no Centro Cultural Torrente Ballester e a deliberación do xurado, que estivo integrado pola bailarina e profesora Eva Faraldo, a cantante Lucía Pérez , e o seu irmán, o cantautor e compositor Javier Vizcaíno, mentres que Joaquín Enríquez exerceu de secretario e Roberto Taboada, cabeza visible da asociación Canido, exerceu de presidente.

 

 

PALMARÉS

O dúo formado por Manuela e Anxo, de 15 e 16 anos, respectivamente, (ela coa zanfona e el con percusión e trompeta) levou os loureiros na categoría de instrumentista.

Miguel Figueiro, de 13 anos e alumno da academia Mundo Danza de Jesús Quiroga, obtivo o primeiro premio na categoría de danza.

Icía Dopico, de 13 anos, saíu como gañadora no apartado de cantantes.

Cada un levou un cheque de 200 euros para gastar nos comercios locais, ademais da satisfacción de ser coroados gañadores.

Publicado en Novas do Talentiño.

Deja una respuesta