AMPLIAMOS IDADES E ZONA DE RESIDENCIA

Ante a alta demanda recibida por numerosos pais nais, que via correo electrónico nos comentaban que os rapaces menores a 12 anos tamén querían formar parte de «O Talentiño», a organización decidiu ampliar as idades de 6 a 18 anos, de maneira que se inclúen todas as etapas educativas (Primaria, E.S.O e Bacharelato).

Asi mesmo, en lugar de limitarnos ós residentes en Ferrol ampliamos a aqueles rapaces que estuden ou cursen estudos artísticos na nosa cidade.

Na web talentos.avcanido.org xa figuran as novas bases con esta modificación

Publicado en Análise, analise, Novas do Talentiño.

Deja una respuesta