Ante a alta demanda recibida por numerosos pais e nais, que via correo electrónico nos comentaban que os rapaces menores a 12 anos tamén querían formar parte de «O Talentiño», a organización decidía hai unhas semanas ampliar as idades de 6 a 18 anos. De esta maneira se incluían todas as etapas educativas (Primaria, E.S.O e Bacharelato).
Así mesmo, en lugar de limitarnos ós residentes en Ferrol ampliamos a aqueles rapaces e rapazas que estuden ou cursen estudos ben sexan acedémicos ou ben sexan artísticos na nosa cidade.
Na última semana a organización recibíu numerosas inscricións e solicitudes de rapazada da contorna de ferrolterra que querían formar parte deste Certame, pero que debido a esta limitación no lles era posible.
Atendendo a outros certames de características semellantes que involucran a recantos ou comarcas, as entidades da intrabarrial de Canido promotoras de esta iniciativa, xunto co xurado acordan abrir a participación a toda a rapazada da comarca de Ferrolterra
Na web talentos.avcanido.org xa figuran as novas bases con esta modificación. Ademáis desta web a organización pon en marcha o instagram @otalentino
Toda a información relativa ó certame pode consultarse en talentos.avcanido.org, web que estará actualizada en todo momento.
Agradecemos a difusión de esta información e desculpamos as molestias que puidesemos ocasionar.