NACE O TALENTIÑO, O I CERTAME DE NOVOS E XÓVENES TALENTOS

O CERTAME

As Asociacións da intrabarrial de Canido en colaboración co Concello de Ferrol lanzan o primerio certame de novos talentos “O talentiño”.

O tecido veciñal de Canido xunto ao Concello de Ferrol intentan buscar novos talentos xovenes das artes musicais e da danza nun concurso baixo o nome de “O talentiño”.

A “O Talentiño” poderán presentarse aqueles rapaces e rapazas ferroláns con idades entre 6 e 18 anos, ambas idades incluídas, que residan ou estuden na cidade de Ferrol e realicen algunha(s) das seguintes actividades artísticas: cantar, interpretación de instrumentos musicais e danza. Establécense 2 categorías de participación: – Categoría A: Música (Canto ou interpretación de Instrumentos musicais) – Categoría B: Danza.

PROCESO DE SELECCIÓN

O gañador de cada categoría elixirase nun proceso de dúas rondas. A primeira fase de preselección, aberta xa ata o 15 de abril consistirá no envio de videos e anexos de inscrición ao correo talentocanidofest@gmail.com

As propostas seleccionadas concursarán o 30 de abriL nun festival que servirá de antesala ás festas dos maios. Tratarase dun festival que será presentado polos músicos ferroláns Joaquín Enríquez e Elisa Esperante e que contará como xurado con: Lucía Pérez (catante eurovisiva) Xabier Vizcaino (músico e compositor) e Eva Faraldo (profesora de música e danza).

Os seleccionados pasarán a formar parte dun catálogo web de xóvenes talentos, e os gañadores obterán un vale para gastar en comercios locais.

Toda a información e bases poden consultarse na web talentos.avcanido.org

Publicado en Novas do Talentiño, Uncategorized.

Deja una respuesta