O XURADO VEN DE DETERMINAR OS FINALISTAS QUE PARTICIPARÁN NA GRAN FINAL

O TALENTIÑO PREPARA A SUA GRAN FINAL NO TORRENTE BALLESTER
 

A organización do Talentiño publicou hai uns días os finalistas que participarán na final que terá lugar o vindeiro Domingo día 30 no Torrente Ballester.

 
Debido á alta participación, por temas de espazo, a organización do certame (entidades culturais do barrio de Canido e Concello de Ferrol) decidiu trasladar a final desta primeira edición do Centro Cívico de Canido ó Torrente Ballester. A gala que terá lugar ás 19:00 na Capela do Torrente é de entrada libre e gratuíta a todo o público que se queira achegar.
 
A  gran final será conducida polo coñecido acordeonista ferrolán Joaquín Enríquez (que xa presentou diferentes actos na nosa cidade como a «Noite Das Pepitas») xunto coa pianista Elisa Esperante. Nela participará o xurado (Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno e Eva Faraldo) que interpretarán algún tema, aínsa que os protagonistas serán os finalistas e todos os participantes seleccionados para o catalogo de xóvenes promesas musicais.
 
FINALISTAS  
 
O xurado determinou os seguintes finalistas nas diferentes categorías:
 
Na categoría de Danza:

– Miguel Figueiro

– David Amor

– Grupo da escola CompArte (Miriam Dominguez Martina López, Paula Mirad e Martina Leiro)

Na categoría de  Música:

-Shariff Arda (Instrumentos)

– Ainara Suárez, Emma Arias, Candela López e Claudia Zhu Díaz (Instrumentos)

– Manuela López e Anxo Garrote (Instrumentos)

– Icia Dopico (Vocalistas)

– Sofia Hernandez (Vocalistas)

– Nuria Cornide e Alejandro Díaz (Vocalistas)

CATÁLOGO DE NOVOS TALENTOS

Ante a alta calidade dos participantes que se presentaron a esta primera edición do certame, o xurado acordou tamén por unanimidade que “os talentiños” inscritos pasarán a formar parte do catálogo de xóvenes promesas.

Para iso terán que acudir a gala final, donde se lles infromará ós pais/nais sobre o catálogo e se tomarán as fotografías para a elaboración do mesmo.

Publicado en Uncategorized.

Deja una respuesta